PEQUENOS XESTOS, GRANDES ACCIÓNS
Bos días a todas/os!! Como estades?
A miña proposta para esta semana é a seguinte:
- Mira os debuxo: Que pensas, que che vén á cabeza, que sentes ó velo?
- Clica sobre os debuxos e verás uns vídeos: Pensa, analiza e reflexiona!
- Gústouche? Que pensaches cando o estabas vendo? Que sentiches?..
Estes curtos ensínannos que as persoas podemos realizar no noso día a día Pequenas Accións que Melloran a Vida dos Demais.
Tamén nos fai ver que cando realizas BOAS ACCIÓNS, recibes EMOCIÓNS, fas FELIZ a quen che rodea, e a TI mesmo. Ademais esta AMABILIDADE contáxiase creando unha Cadea de Actos SOLIDARIOS que fan que este MUNDO sexa un lugar MELLOR.
Despois de esta pequena reflexión, propóñovos facer unha CADEA DE AGRADECEMENTOS, para brindar unha homenaxe a TODA As PERSOAS, desde os profesionais da sanidade (doutores, enfermeiras, auxiliares, limpadoras…) ata o resto de sectores, ás veces non tan visible, pero que, co seu traballo e esforzo, axudáronnos a protexernos e a soportar mellor esta situación que estamos a vivir. Seguro que coñecedes a moitas/os.
Para iso gustaríame que: Fixérades un CARTEL poñendo a palabra GRACIAS AS/OS …. e o sector que TI creas que tamén axudaron a levar mellor esta situación. Lembra colorealo e decóralo ó teu gusto!!. Déixovos algúns exemplos…
E lembra: COLOREA O TEU MUNDO CON AMABILIDADE!!!
Déixovos uns xogos específicos da nosa materia para repasar un pouquiño os contidos!! Espero que vos gusten!!
Xa sabedes, clicade nas imaxes para xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario