miércoles, 3 de junio de 2020

PROPOSTA FINAL DA PROFE ELI

Ola nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria!!
Xa queda moi pouquiño para acabar o curso, así que hoxe como proposta final quero darvos os bos días co seguinte vídeo.
Que vos parece?😍😍


Aproveitando que o 5 de Xuño é o Dia Mundial do Medio Ambiente, quero destacar a importancia de COIDAR o NOSO VITAL E FERMOSO MEDIO AMBIENTE, tan desexado de gozar este ano máis que nunca!!!
UNHA REFLEXIÓN, UN ENSINO
O confinamento debido á pandemia do COVID19, trouxo impactos positivos no ambiente xa que, o freo obrigado imposto ás industrias, a disminución do transporte, tanto terrestre como aéreo, a detención da circulación de persoas, e a actividade comercial… fixo que baixase o nivel da contaminación do aire. As augas das praias locen cristalinas, están cada vez máis limpas e deixan ver a beleza do seu fondo. Tamén propiciou que os animais que viven preto paseásense curiosos, como jabalíes por Barcelona e Madrid, corzos por Segovia, lobos e osos en pobos de Galicia e Asturias, ou golfiños no porto de Cádiz. En Venecia, a auga das canles vese máis clara debido á nula presenza de turistas e de tráfico de góndolas. A súa calma permitiu que peixes de varias especies saian dos seus agochos e que se incremente o número de cisnes.
Máis aló da Saúde Física, a natureza tamén nos conforta, afecta a Nosa Saúde Emocional, Mental e Espiritual”.
Todo isto deberanos axudar a reflexionar, valorar e tomar conciencia de que a Saúde do Planeta é a Nosa Saúde porque é a Nosa CASA, Somos o Mesmo”.
E agora que podemos saír, máis que nunca necesitamos COIDALA, RESPECTALA para poder GOZAR, SENTIR E ADMIRAR a súa BELEZA: pasear por un bosque, gozar do senderismo, a montaña ou o mar, tocar unha árbore, admirar un campo de flores, asombrarnos cos animais, camiñar pola praia ou simplemente ir a un parque da cidade…

A nosa ensino-aprendizaxe debe ser:
A NOSTALXIA POLO MEDIO NATURAL NA PANDEMIA DEBERÍA TRANSFORMARSE EN RESPECTO E PROTECCÓN NO FUTURO.
Oxalá que todo isto sirva para que haxa un cambio”.


Así que, como Última Actividade do Curso propóñovos:
🌍👀Convertervos en “GRANDES FOTÓGRAFOS ” para sacar 1 ou varias fotografías a elementos da natureza que vos guste e que queirades que vos aparecese detrás desa porta,  para poder disfrutala cada día de esas deseadas vacacións.
UN SAÚDO GRANDE E DISFRUTADE MOITO DA NATUREZA.
Xa sabedes se queredes podedes enviarma ó  correo:
elibalado12@gmail.com 




miércoles, 27 de mayo de 2020

REGULACIÓN EMOCIONAL COA PROFE ELI

Bos días nenas e nenos de 1º e 2º como estades?
Hoxe déixovos unha actividade para axudarvos a REGULAR as EMOCIÓNS cando vos sintades nerviosos, enfadados…
Un pouco difícil verdade? Pero imos tentar 
  • Unha pista: está relacionado co que fai este EMO que vos poño a continuación:
Siiii, está a respirar!!!
  - ¿Quieres que te enseñe a respirar? 
¿R E S P I R A R? ¡Si yo ya sé respirar!!! 
Así comeza o conto que vos deixo a continuación “RESPIRA” 
Preguntarédesvos por que é importante respirar ben? 
Pois ben, a respiración relaciónase directamente coas nosas emociónscando estamos nerviosos, a respiración é rápida e sonora; cando estamos tranquilos, é pausada e harmónica. Por tanto, se en momentos críticos sabemos controlar a respiración, poderemos actuar con serenidade. Respirar profundamente axudaranos a tranquilizarnos, a concentrarnos cando temos mil ideas na cabeza ou a durmir cando as preocupacións asáltannos. 
Por iso a autora deste conto ensínanos uns exercicios a través dos cales imos conseguir a interiorización e unha respiración consciente. Clica na imaxe para poder ver o conto.
Penso que o ideal é dotar aos nenos de diferentes recursos para que, no momento que o precisen, poidan aplicalos facilmente.
Se vos decidides a practicar algún exercicio do conto gustaríame que vos quitasen unhas fotos e as enviedes ó meu correo: 
elibalado12@gmail.com  
ESPERO QUE VOS GUSTE e vos POIDA AXUDAR UN POUQUIÑO!!
PARA as ALUMNAS e ALUMNOS de RELI 
Deixos estas dúas actividades para practicar contidos.
Clica en Lanitas e no Xogo de Boom para acceder as actividades.
Para facer a actividade de Lanitas segue as instruccións que deixo no seguinte debuxo. Espero que vos gusten!!



miércoles, 20 de mayo de 2020

PROPOSTA DA PROFE ELI PARA 1º e 2º de PRIMARIA

PEQUENOS XESTOS, GRANDES ACCIÓNS
Bos días a todas/os!! Como estades? 
A miña proposta para esta semana é a seguinte:
  • Mira os debuxo: Que pensas, que che vén á cabeza, que sentes ó velo?
  • Clica sobre os debuxos e verás uns vídeos: Pensa, analiza e reflexiona!



  • Gústouche? Que pensaches cando o estabas vendo? Que sentiches?..
Estes curtos ensínannos que as persoas podemos realizar no noso día a día Pequenas Accións que Melloran a  Vida dos Demais

Tamén nos fai ver que cando realizas BOAS ACCIÓNS, recibes EMOCIÓNS, fas FELIZ a quen che rodea, e a TI mesmo. Ademais esta AMABILIDADE contáxiase creando unha Cadea de Actos SOLIDARIOS que fan que este MUNDO sexa un lugar MELLOR.

Despois de esta pequena reflexión, propóñovos facer unha CADEA DE AGRADECEMENTOS, para brindar unha homenaxe a TODA As PERSOAS, desde os profesionais da sanidade (doutores, enfermeiras, auxiliares, limpadoras…) ata o resto de sectores, ás veces non tan visible, pero que, co seu traballo e esforzo, axudáronnos a protexernos e a soportar mellor esta situación que estamos a vivir. Seguro que coñecedes a moitas/os.

Para iso gustaríame que: Fixérades un CARTEL poñendo a palabra GRACIAS AS/OS …. e o sector que TI creas que tamén axudaron a levar mellor esta situación. Lembra colorealo e decóralo ó teu gusto!!. Déixovos algúns exemplos…


E lembra: COLOREA O TEU MUNDO CON AMABILIDADE!!!





                         📢📣NOTA: PARA AS NENAS E NENOS DE RELI!!
Déixovos uns xogos específicos  da nosa materia para repasar un pouquiño os  contidos!! Espero que vos gusten!!
Xa sabedes, clicade nas imaxes para xogar.

jueves, 7 de mayo de 2020

AS EMOCIÓNS COA PROFE ELI

Ola, bos días NENAS E NENOS de 1º e 2ºde Primaria!
Que tal o estades pasando agora que xa podedes saír un pouquiño?
Sabedes unha cousa?? 
Nestes días, na miña cabeza xorden mogollón de sentimentos e emocións.  
As veces está feita un lío.  Isto inclúe desde as pequenas picadas de TRISTEZA,   o terrible e escuro MEDO, as chispas que saltan cando me xurde o ENFADO, e ata as cóxegas de ALEGRÍA que é a miña META DIARIA!
E a vós ocórrevos o mesmo?
Así que pensei no Monstro de Cores cando estaba feito un lío e dos "Emos", Lembrades?
Pois aquí están.
Se queredes ver o conto do Monstro de Cores clicar nel.
E se queredes descubrir algunha Sorpresa, que quizá vos poida axudar teredes que:  
Clicar en cada un dos “EMOS”A ver que atopades? 





Espero que vos gusten!!!
Se queredes podedes mandarme algunha foto coas vosas caras alegres, tristes, enfadadas ou aburridas…ó correo:
elibalado12@gmail.com
Un bico grandote a TODOS e a Gozar dos pequenos paseos, pero sempre con coidado!!
E lembrade!